S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

A  S. A. de Xestión do Plan Xacobeo é unha empresa pública dependente da Xunta de Galicia, destinada  á promoción turístico-cultural e á dotación de servizos dos Camiños de Santiago. Creouse en 1991 con motivo do Ano Santo 1993 (Xacobeo 93) integrándose posteriormente na organigrama da Consellería de Cultura e Turismo.

As iniciativas da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo promoven a dotación de servizos para o Camiño, a rede de albergues públicos, a recuperación patrimonial das rutas e elementos arquitectónicos e artísticos. A nivel internacional ten o papel de promocionar o Camiño de Santiago a través de exposicións, conferencias, publicacións informativas e divulgativas, así como o fomento das relacións entre asociacións de amigos do Camiño de Santiago en todo o mundo.

INFORMACIÓN DE CONTACTO
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38
15707 Santiago de Compostela

Central: 00 34 981 557 355
Fax: 00 34 981 557 373
Tlf. información: 902 33 2010
Correo electrónico: xacobeoweb@xacobeo.es

Javascript is required to view this map.